O Senado aprobou este mércores unha das leis estrela impulsadas polo Ministerio de Igualdade: a da reforma do aborto. O texto volverá ao Congreso para a súa ratificación definitiva. A ministra de Igualdade, Irene Montero, agradeceu á maioría feminista do Senado o seu apoio para sacar adiante a reforma da lei do aborto e destacou que sen dereitos sexuais e reprodutivos as mulleres non son cidadás de pleno dereito. Montero pechou o debate sobre este proxecto de lei de reforma, que busca garantir o dereito á interrupción voluntaria do embarazo na sanidade pública e eliminar a esixencia de permiso paterno para as menores de 16 e 17 anos. Unha das emendas proposta polo PSOE impedirá que as mulleres que desexen interromper o seu embarazo se vexan sometidas a prácticas non científicas para condicionar a súa decisión, como escoitar o latexado do corazón do feto ou ver unha ecografía 4D.
20