0
A situación epidemiolóxica da covid é estable nestes momentos, pero o número de persoas hospitalizadas co virus segue por enriba das 120 en Galicia. Por iso, desde o Sergas, continúan facendo un chamamento para que as persoas de risco acudan a vacinarse e ampliaron a axenda de citas nos hospitais. Hai algo máis dunha semana a Consellería de Sanidade facía un chamamento á vacinación contra a covid para aquelas persoas que non tivesen posta aínda a cuarta dose. Ampliáronse os horarios nos puntos de vacinación e nos hospitais principais estendéronse as citas tamén aos domingos.