O Sergas deseña un novo modelo de asistencia a persoas con diabetes mellitus tipo 2

1 minutes read

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presentou un novo modelo de asistencia ás persoas con diabetes mellitus tipo 2, que inclúe un plan preventivo individualizado con recomendacións de alimentación e estilos de vida saudables. O documento é froito do traballo dun grupo de profesionais do sistema sanitario galego, coordinados dende a Subdirección Xeral de Atención Primaria do Sergas, aos que o titular da carteira sanitaria agradeceulles o seu labor.

Este proceso asistencial integrado, que actualiza o de 2015, súmase aos catro que o seu departamento presentou este ano, que son o de déficit Alfa 1 Antitripsina; o de Epoc; o da enfermidade inflamatoria intestinal; e o da enfermidade renal crónica.

No acto, no que o conselleiro estivo acompañado polo director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas; e polo xerente da área sanitaria da Coruña, Luis Verde Remeseiro, o máximo responsable da sanidade pública galega incidiu e que o proceso agora presentando recolle todas as fases de atención á diabetes mellitus tipo 2. De feito, “esta atención non só debe ir dirixida ao tratamento, senón, tamén, á detección precoz”. Deste xeito, -remarcou o conselleiro-, “poderemos atallar as complicacións que poden aparecer coa evolución da enfermidade”.