O Sergas realizará un cribado en Arteixo a partir deste domingo

1 minutes read
  • Na localidade está pechada toda a actividade non esencial

O Sergas vai a realizar a partir desta fin de semana un cribado na localidade debido á situación epidemiolóxica.

En concreto o cribado farase desde este domingo 24 ata o mércores 27. Vai dirixido a persoas de entre 15 e 50 anos, polo que preto de 14.000 veciños do concello de Artexio será convocados mediante unha mensaxe nos seus teléfonos móbiles.

As probas terán lugar na Avenida de Arsenio Iglesias, á altura do aparcamento do campo de fútbol e o instituto Manuel Murguía.

Este venres o número de casos novos en Arteixo ascendeu en 14 ata situarse nos 518, mentres que a incidencia acumulada é de 1.606.

Ademais, no concello xa entraron en vigor as novas restricións impostas pola Xunta de Galicia que, de xeito particular nesta localidade, significan o peche da hostalería, dos parques infantís e a suspensión de todas as actividades non esenciais.