O Sergas realizará test de detección da covid a tripulacións de frota de altura

1 minutes read

O Servizo Galego de Saúde realizará test serolóxicos de detección do coronavirus a todos os tripulantes de buques de pesca que realicen mareas superiores aos dez días de duración e non teñan posibilidade de asistencia médica a menos de dúas horas dende a súa ublicación no mar (frota de altura e gran altura).

En función do resultado da proba e da presenza ou non de sintomatoloxía, o facultativo do Instituto Social da Mariña, que é o profesional que fará o test facilitado polo Servizo Galego de Saúde, poderá tomar a decisión de completar o proceso de acordo co protocolo clínico, nos hospitais do Sergas de Vigo, Santiago, A Coruña e Burela, no prazo máximo de 48 horas.

Declaracións do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.