Como continuidade das mobilizacións unitarias desenvolvidas o pasado martes 20 de febreiro con presenza de tractores en Lugo, Ourense, Lalín, Compostela, A Coruña, Ortigueira, Vimianzo, A Gudiña e Pedrafita, este vindeiro luns, 26 de febreiro, o Sindicato Labrego Galego participará na gran manifestación convocada en Madrid con motivo da xuntanza do Consello de Ministros da UE, con saída ás 11 horas dende o Ministerio de Agricultura (Praza de Carlos V) e chegada á oficina da Comisión Europea (Paseo de La Castellana, 46). O Sindicato Labrego habilitará autobuses para desprazarse a esta mobilización, para o que as persoas interesadas -afiliadas e non afiliadas- poderán facer a reserva de prazas contactando con calquera dos locais da Entidade.
20