O Sofán tiña unha cita pendente a liquidar este mércores ante o Silva, en partido aprazado da xornada 16 da primeira volta. O encontro estaba fixado para as 20:30 horas e ao non dispoñer O Carral dunha iluminación acorde para a contenda, xogouse en As Eiroas. O factor campo non foi un problema para a SD e o resultado final de 2-0 puido ser máis avultado se Paulo chegase a marcar un penalti que se foi ao traveseiro no minuto 10. O conxunto coruñés do Silva xogou máis ben replegado e á contra, polo que a iniciativa levouna o Sofán en todo momento. Parafita abriu o marcador para os locais cun tiro libre desde os 11 metros no minuto 27. O 2-0 chegaría no 53, cun gran disparo de Kolie. Unha vitoria moi importante para o Sofán, que consegue a terceira en catro partidos.
38