A organización de O Son do Camiño confirma que o festival continúa adiante, despois do accidente deste venres, e vai celebrarse no Monte do Gozo nas datas previstas: o 16, 17 e 18 de xuño. Segundo informa nun comunicado, están a traballar nos «axustes pertinentes», que se darán a coñecer proximamente. Consideran que foron claves no desenvolvemento dos acontecementos «os equipos de protección individual, a profesionalidade e a experiencia das empresas implicadas na montaxe e a rápida activación do protocolo de emerxencias». Os operarios comezaron a traballar de novo para levantar o escenario, un proceso lento e complicado que se desenvolve con todas as medidas de seguridade e intentando non danar máis a estrutura metálica accidentada. Paralelamente prosegue a avaliación de todos os danos e as inspeccións da zona. Axentes da Policía e os bombeiros de Santiago volveron a traballar no lugar do sinistro.
35