O Supremo non admite o recurso da Xunta e ratifica a obriga de pagar IBI polo Álvaro Cunqueiro

1 minutes read

O Tribunal Supremo non admitiu a trámite o recurso de casación interposto pola Xunta de Galicia contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), avalando polo tanto a ordenanza fiscal viguesa e a obriga de tributar polo IBI do hospital Álvaro Cunqueiro. Este ano o imposto ascende a 1.026.000 euros.

Caballero valorou este mércores o trámite xudicial, que conclúe cun ditame do Supremo que rexeita o recurso autonómico “por non fundamentarse que concorren algún ou algúns dos supostos que permiten apreciar o interese casacional obxectivo e a conveniencia dun pronunciamento da sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo”.

“A Xunta só contempla Vigo para levarse diñeiro da cidade; querían quitarnos o IBI do hospital”, asegurou o alcalde, mais “o Tribunal Supremo di que si e o TSXG tamén lle dixo que si” ten que abonar o imposto á administración local viguesa.