O Supremo permite a Ence Pontevedra seguir no lugar actual ata 2073

1 minutes read

O Tribunal Supremo rexeita novos recursos do Concello de Pontevedra e da Avogacía do Estado contra a sentenza que avalou a permanencia de ENCE na ría de Pontevedra ata 2073.  Neles, a Avogacía do Estado alegaba indefensión e o Concello de Pontevedra que na sentenza que prorrogou a permanencia de ENCE na ría non se valoraran cuestións relevantes.  O Tribunal Supremo entende que os incidentes de nulidade presentados xa se abordaran en recursos anteriores. O Concello anuncia que recorrerá ante o Constitucional e ante os tribunais europeos.

«Temos dereito a reubicar a industrias que están en dominio público e tamén preto de núcleos importantes de poboación. Estou convencido, e cada vez máis, que non hai desenvolvemento económico nin de emprego sen respecto polo medio ambiente. É a nosa obriga deixar a fillos e netos un planeta mellor», afirmaba o rexedor pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores.