O Supremo pide un suplicatorio ao Senado para xulgar a Baltar por conducir a 215 Km/h

1 minutes read

O Tribunal Supremo puxo en marcha a maquinaria para sentar no banco a José Manuel Baltar por conducir a 215 quilómetros por hora. A instrutora do caso propuxo á Sala do Penal que envíe un suplicatorio ao Senado para que Baltar, parlamentario do PP e expresidente da Deputación de Ourense, poida ser xulgado. A maxistrada entende que hai probas suficientes de que esa tarde Baltar conducía moi por encima do límite permitido e que puido incorrer nun delito contra a seguridade viaria.

Agora será a Sala do Penal a que decida se, como é habitual, envía ao Senado o suplicatorio que solicitou a instrutora do caso. Na súa tramitación ante os tribunais de Zamora, a Fiscalía entendeu que Baltar cometera un delito e pediu para el unha multa de 1.800 euros e un ano de retirada de carné.