O temporal de vento ameaza coa chegada de máis pellets á costa

1 minutes read

A dirección do vento é cambiante ao longo da fin de semana e vai crear as condicións favorables para que os pellets que sigan no mar sexan arrastrados de novo cara á costa galega e tamén para que avancen despois polo Cantábrico. As previsións de Meteogalicia son que os ventos van ir pasando a compoñente suroeste e van empuxar os posibles restos que haxa no mar cara ao litoral. Un informe da Aemet xa avisaba das novas condicións hai uns días e situaba as Rías Baixas como a zona que se vería máis afectada pola chegada de plásticos. Os restos da borrasca ‘Hipolito’, que afectou ás Azores, e os ventos van ir rolando, primeiro ao sueste e despois, ao sur e ao suroeste. O cambio vai notarse sobre todo este domingo e o luns. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?