27
O Conservatorio Profesional de Música de Carballo ofrecerá o martes 22 o seu tradicional Concerto de Nadal aínda que, este ano, será de xeito virtual debido á situación actual.
As actuacións serán no Pazo da Cultura e só haberá un alumno por instrumento. As persoas interesadas no concerto poderán velo a través da canle de YouTube e Facebook do Concello de Carballo.
No programa figuran composicións de autores clásicos, temas populares e, por suposto, panxoliñas.