O Trail Race e a popular carreira 10K regresarán a Carballo no 2022

Prueba 10K en el 2019_Concello de Carballo

  • A Concellaría de Deporte convocará ás entidades deportivas para programar e coordinar o calendario de eventos

Carballo recuperará o vindeiro ano dous grandes eventos deportivos que non puideron celebrar as súas edicións debido á pandemia: as carreiras populares Carballo Trail Race e 10K que terán lugar o 6 de febreiro e o 5 de xuño, respectivamente.

A última edición da Carballo Trail Race celebrouse en febreiro do ano 2020, pouco antes da declaración do estado de alarma. A asociación deportiva Media Ducia colabora neste evento no que o deporte se une á natureza, e no que os corredores compiten por camiños e paisaxes impactantes. Pola súa parte, a 10K é outra das citas clásicsa que discorre por un circuíto urbano e que na súa última edición (2019) acadou as 1.418 inscricións.

A Concellaria de Deporte convocará ás entidades deportivas para programar o calendario de eventos que se realizarán no próximo ano xunto a estes dúas importantes competicións.