O TSXG anula a Declaración de utilidade pública da repotenciación do Parque Eólico de Corme

1 minutes read

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolleu o recurso interposto por un particular contra a resolución do 15 de maio de 2020 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas na que declarou a utilidade pública (DUP) das leiras afectadas polo Parque Eólico de Corme, no Concello de Ponteceso. A Sala, formada por cinco maxistrados/as, destaca o “carácter instrumental e subordinado da DUP á existencia do proxecto que teña a nota de utilidade pública”, pois “non pode existir se non hai antes (ou coordenadamente) unha autorización para os proxectos enerxéticos”. A resolución non é firme, pois contra a mesma cabe presentar recurso ante o Tribunal Supremo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?