O alto tribunal estima en tres sentencias os recursos interpostos pola Asociación Ecoloxista Verdegaia; a Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo; e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), Fundación Oso Pardo (FOP) e Sociedade Galega de Ornitoloxía. Os maxistrados argumentan nas resolucións que o plan 2007-2009 do parque estaba caducado. “O proxecto autorizado pola resolución de 31 de maio de 2007, coa Declaración de Impacto Ambiental (DIA) aprobada o 12 de agosto de 2005, non foi construído, nin instalado. A resolución que o autorizaba indicaba que o promotor tería un prazo de 12 meses contados a partir da data de ocupación dos terreos para a posta en marcha da instalación”, indican os xuíces. As sentenzas, coas que discrepa un dos maxistrados, quen emitiu un voto particular, poden ser recorridas en casación.
20