O festival volverá ao centro de Miami para a súa próxima edición en marzo de 2020, logo de que a cidade aprobase este xoves nunha votación o seu retorno á que foi a súa sede por máis de dez anos. Tras un longo tempo de reunións, incerteza e cambio de sede, xa é oficial o Ultra Music Festival regresa ao centro de Miami, ao Bayfront Park.
Creado hai dúas décadas, e con máis de 20 “sucursais” repartidas por todo o mundo, o Ultra Music Festival comezou a súa andaina en Miami Beach e é considerado se non o máis importante, un dos eventos de música electrónica máis importantes do planeta.
A moción foi aprobada na reunión dos comisionados deste xoves por unha votación, 3-2. Joe Carollo e Ken Russell votaron «non». Un resultado que constitúe un reverso a unha decisión de 2018 na que a cidade se opuxo a unha renovación da licenza de operacións.

Carollo foi quen máis se opuxo ao trato, tentado rexeitar cada unha das propostas.“Isto é absurdo”, lamentouse na sesión deste xoves, quen xunto a Ken Russell foron os dous comisionados que se opuxeron a que o evento que atrae a unhas 150.000 persoas durante os seus tres días de duración regrese ao centro da cidade.
A avogada da cidade, descualificou as obxeccións do comisiondado e comentou que eran incorrectas, polo que se ratificou o acordo.
Decenas de persoas, na súa maioría residentes do centro de Miami, aliñáronse na cámara da comisión esa mañá para suplicar aos funcionarios que mantiveran o popular festival de música electrónica fóra dos seus fogares despiois que a sede de Virginia Key, onde se levou a cabo este ano, non resultase unha boa opción.
A presión dunha parte dos veciños, quen expresou a súa frustración na sesión, logrou que para a edición deste ano, o Ultra se realizase fóra de Miami, o que obrigou aos seus organizadores a buscar unha nova sede para o festival, que atoparon finalmente no Virginia Key.

O evento deste ano, con todo, afrontou moitos inconvenientes, entre eles problemas de transporte, ademais das queixas de veciños polo caos e os niveis de ruído.
A primeira noite, miles de asistentes tiveron que camiñar pola única vía de acceso e saída á illa, un longo traxecto que xerou un atasco maiúsculo e unha confusión xeneralizada entre o público asistente.
Os problemas levaron aos seus organizadores a anunciar o Maio pasado que non volverían a Virginia Key e que buscarían unha nova sede para a edición de marzo de 2020.
Durante a sesión na sede do municipio, ao rexeitamento dos veciños do centro de Miami, opuxéronse representantes dos comercios da área, quenes defenderon a inxección económica importante que supón o festival.
A posibilidade de que Ultra regresase era real e moi factible. Por suposto, a Comisión de Miami estableceu algunhas condicións, como a redución do límite do son ou a eliminación dun dos escenarios, Oasis. Cabe destacar que o horario do festival é de 12 a 00 h.
A votación foi moi apertada, gañou o SI ao Ultra en Bayfront Park por 3 votos a 2. En definitiva, o Ultra está de volta.
