19
O PPdeG publicou o seu xa habitual vídeo musical electoral, obra de novo do grupo Los Limones e que leva como título Galicia é moito. Enriba de imaxes de infraestruturas, salas nas que se están facendo oposicións ou ante una máquina de TAC, aparece ata en 28 ocasións sobreimpresa unha bandeira coa palabra “Xunta” sobre un fondo azul claro.
As siglas do partido pódense ver nalgunha ocasión menos, nalgunhas das imaxes nas que o presidente da Xunta e candidato do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, aparece en actos políticos e mitins e ao rematar o vídeo.