O Vila de Noia espera ansioso a estrea ligueira do Calvo Xiria

1 minutes read

Será o sábado ás 20:00 horas contra o Sar Plastic Omnium. Este primeiro partido preséntase coa ilusión por unha nova tempada, a continuidade do proxecto por parte do Calvo Xiria, nunha liga que creceu debido aos reforzos dos equipos da zona media, o descenso do SD Teucro que vén da división de honra prata, con varios candidatos á parte alta da táboa, entre eles o actual campión o Disiclín Lalín, o subcampión o Attica 21 Hoteles Oar Coruña e un favorito para facerse co primeiro posto, o San José Obrero Lanzarote. O Calvo Xiria, un dos equipos máis novos da categoría, quere seguir a súa posta en marcha e crecer sobre o traballo que veñen facendo ano tras ano. A implicación dos xogadores é notoria e co paso das xornadas esperan ir recuperando efectivos que arrastran desde da tempada pasada. A forza reside no grupo e no equipo que forman, e para este primeiro duelo, apoiarase na alegría da súa afección que ten que encher e facer ruxir o Vila de Noia desde a primeira xornada.