Do 8 ao 13 de xullo, a praia de Liencres (Cantabria) será sede de dúas das citas máis representativas do surf nacional por equipos: o Campionato de España en Idade Escolar (CESA) e o Campionato de España por Autonomías, organizados pola Federación Española de Surfing (FESurfing) co respaldo do Consello Superior de Deportes (CSD) e o patrocinio principal de O’Neill.
Nesta proba estará presente i vimiancés Marcos Lema, o mozo foi seleccionado pola Federación Galega de Surf para representar a Galicia na categoría Sub14, na modalidade de bodyboard. Desde o Concello de Vimianzo quixeron destacar a súa participación como exemplo do talento deportivo local e desexarlle moita sorte no campionato.
Dirixido ás categorías Sub 16 e Sub 18, o CESA enmárcase dentro do programa nacional de tecnificación e forma parte do ecosistema Team España Futuro. Trátase dun campionato exclusivamente federativo, con participación reservada a seleccións autonómicas oficialmente recoñecidas, e un formato por equipos inspirado nos sistemas de competición internacionais ISA e ESF.
Esta competición representa unha das apostas estratéxicas máis importantes da FESurfing no ámbito do desenvolvemento deportivo e conta co respaldo institucional do CSD.