O vindeiro mércores abre a nova convocatoria do programa Renova o teu vehículo

1 minutes read

Así se informou este venres na presentación deste programa organizada por Faconauto e Anfac. Nela participou a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, que destacou o diálogo e traballo conxunto co sector para poñer en marcha estas axudas. Renova o teu vehículo conta cun triplo obxectivo: incentivar a compra, impulsar a competitividade dunha industria estratéxica para Galicia como a automoción, así como a implantación dunha mobilidade sustentable. O programa busca fomentar a transición cara a unha mobilidade eficiente e agarda que se adquiran ao redor de 1.200 vehículos enerxeticamente eficientes por parte de cidadáns e empresas. Entre os obxectivos está promover a substitución de vehículos de certa antigüidade por outros novos e eficientes que reduzan a emisión de gases de efecto invernadoiro e melloren a calidade do aire, así como dinamizar o sector. 

Este programa está dirixido tanto a particulares coa súa residencia habitual en Galicia –que poderán adquirir un único vehículo– como autónomos e empresas con domicilio social ou centro de traballo na Comunidade, que poderán mercar un máximo de 10 unidades. A convocatoria inclúe a adquisición de vehículos novos –turismos e furgonetas– cun custo inferior ou igual a 42.000 euros -cantidade que ascende a 47.000 euros no caso de vehículos eléctricos con autonomía maior a 30 quilómetros en modo eléctrico-. Será requisito imprescindible que o adquirinte titular do novo vehículo acredite a baixa definitiva en circulación dun vehículo a achatarrar de polo menos 10 anos no caso dos turismos e de cinco no das furgonetas. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?