O volcán da Palma bloquea a observación astronómica

1 minutes read

Na illa da Palma a erupción volcánica non só danou propiedades, bens e rompiu a vida normal de toda unha comunidade. As cinzas tamén dificultan o traballo dos científicos do Observatorio Astrofísico do Roque de los Muchachos. Unha nube permente bloquea a actividade normal do Gran Telescopio Canarias, o maior telescopio óptico infravermello do mundo. Parte da súa actividade está totalmente paralizada estes días por mor da nube de cinza.

Emprazado a 2.400 metros de altura, Está a 16 quilómetros do volcán. O seu espello primario de 10,4 metros de diámetro proporcionou a imaxe máis afastada do universo desde a terra. Agora aproveita a parada para realizar tarefas programadas. Pérdense neste momento as observacións que teñen unha data concreta, transicións planetarias que só se producen unha vez en moito tempo. Se esta situación se prolongase máis dun mes, a produtividade científica veríase afectada.