O XXXIV Día da Muiñeira de Arteixo congregará a 175 bailaríns este domingo

1 minutes read

Xa está aquí a 34ª edición do Día da Muiñeira que ano tras ano organiza a A.X. Xiradela en Arteixo para enxalzar esta peza tradicional e reunir ao son deste ritmo a bailaríns de diferentes asociacións da área. Nesta ocasión hai rexistradas 175 persoas participantes, repartidas en 19 grupos pertencentes a seis asociacións: A.C.D. Garrulaxe (Cecebre), A.C. Nemeth (Carballo), A.C. Xacarandaina (A Coruña), A.C. O Castro (Miño) e Escola Municipal de folclore de Betanzos (Betanzos) e por suposto, a entidade organizadora, A.X. Xiradela (Arteixo).

A cita terá lugar o vindeiro domingo 12 de xuño ás 18:00 horas no Campo da Festa de Arteixo. No recinto iranse colocando os diferentes grupos, que terán reservado un espazo concreto, un cadrado no que desenvolverán logo a súa proposta para bailar a ‘Muiñeira de Tomiño’ a golpe de puntos e voltas. Bailarase a versión tradicional desta peza adaptada con catro puntos e cinco voltas. A ‘Muiñeira de Tomiño’ bailarase tres veces cos seus respectivos descansos entre cada representación.

Nesta cita dominical, organizada pola AX Xiradela colaboran o Concello de Arteixo, así como a Policía local e Protección Civil do municipio arteixán.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?