Obradoiros, festa de disfraces e un concurso con 1.750€ en premios no Entroido de Zas

3 minutes read

En Zas teñen preparado un programa especial para celebrar este Entroido con obradoiros, festa, concurso de disfraces e filloas á pedra.

OBRADOIROS INFANTÍS

Realizarase un obradoiro infantil os días 12 e 13 de febreiro, aproveitando as vacacións escolares, e co fin de facilitar a conciliación laboral das familias. Será en horario de 11:00 a 13:00 horas e realizarase nos Centros Socioculturais de Zas e de Baio. A asistencia é gratuíta e será necesario anotarse previamente no 981 751 398 ou no 981 718 056.

FESTA DE ENTROIDO

O sábado de entroido, 10 de febreiro, farase unha festa na que os máis novos da casa serán os protagonistas. Celebrarase no polideportivo municipal de Baio a partir das 17:00 horas e haberá inchables, talleres de maquillaxe, xogos, baile e moita festa coa música que nos poñerá DJ Rokiño. Tamén haberá doces de entroido e cantina a cargo do alumnado de 4º da ESO do IES de Baio para recadar fondos para a excursión de fin de curso.

CONCURSO DE DISFRACES

A programación de Entroido organizada polo Concello de Zas remata o martes, día 13 de febreiro, co tradicional concurso de disfraces no que repartirán 1.750€ en premios. A festa comezará a partir das 16:00 horas no polideportivo municipal de Zas e haberá tamén inchables, pintacaras, música, cantina e filloas á pedra para todos e todas. A partir das 19:00 horas comeza o concurso de disfraces no que haberá os seguintes premios:

Categoría A (de 0 a 5 anos)

  • 1º premio: 150€
  • 2º premio: 75€
  • 3º premio: 50€

Categoría B (de 6 a 14 anos)

  • 1º premio: 150€
  • 2º premio: 75€
  • 3º premio: 50€

Categoría C (máis de 15 anos)

  • 1º premio: 250€
  • 2º premio: 150€
  • 3º premio: 100€

Grupos (máis de 3 compoñentes)

  • 1º premio: 300€
  • 2º premio: 200€
  • 3º premio: 100€

Tamén haberá o premio especial “Zaschoqueiro” de 100€ ao disfraz máis orixinal e peculiar ataviado de xeito artesanal e estrafalario. 

Para participar no concurso de disfraces é necesario anotarse previamente nas dependencias do Concello ou ben o propio día do concurso antes das 18:00 horas no propio polideportivo. As bases do concurso tamén se poden consultar na Sede Electrónica do Concello de Zas a través da seguinte ligazón: https://sede.concellodezas.org/sxc/es/informacion/tablon/2024/ANUNCIO_PROG_20240115090000181.html

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?