Obras de mellora da estrada entre os núcleos do Lorteiro e Goexe, na Laracha

Ambos na parroquia de Montemaior, están en fase de execución. A ampla actuación afecta a unha lonxitude aproximada de 1.650 metros, nos que se vai ampliar a plataforma da calzada, renovar a superficie de rodadura dos vehículos cunha capa de aglomerado asfáltico, optimizar a rede de recollida de pluviais e mellorar a sinalización para aumentar a seguridade viaria.

Esta estrada dá servizo a máis de trinta parcelas agrícolas que son xestionadas por varias explotacións, polo que mellorar a vía, ademais de favorecer as comunicacións entre os citados núcleos de poboación, tamén facilitará a actividade agrogandeira e o tránsito da maquinaria e dos vehículos agrícolas.

O proxecto está valorado en preto de 135.000 euros, dos cales a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) achegará máis de 88.000 euros dado que a actuación está incluída no Plan Camiña Rural 2025-2026 da Xunta de Galicia. A parte restante é financiada polo Concello con fondos propios municipais.

Related posts

Novo convenio de colaboración entre o Concello de Carballo Vieiro para a prevención das drogodependencias

Camariñas solicitará a adscrición da antiga Escola Náutico Pesqueira á Tesourería Xeral da Seguridade Social

O BNG demanda o reforzo de servizos médicos e novas especialidades no hospital público da Costa da Morte