Esta oferta estará distribuída en 168 prazas de persoal licenciado sanitario, 958 de diplomado sanitario e de formación profesional e 81 de xestión e servizos, así o precisou este xoves o mandatario galego, Alfonso Rueda. A oferta de 168 prazas de persoal médico na categoría de licenciado sanitario comprende 121 de medicina de familia, 35 de urxencias hospitalarias e 12 de hospitalización a domicilio. As 958 prazas de diplomatura sanitaria e de formación profesional divídense en 818 de enfermaría, 121 de técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico, 11 de técnico superior en dietética e 8 de anatomía patolóxica e citoloxía. Por último, apuntou que das 81 prazas da categoría de xestión e servizos, 37 correspóndense a persoal de traballo social, 33 de auxiliar de función administrativa, 5 de xestión da función administrativa, 2 do grupo técnico da función administrativa e 4 de técnico superior en prevención de riscos laborais.
33