Oito feridos nun accidente múltiple na vía do Salnés

Tratouse dunha colisión lateral na via da alta capacidade do Salnés, entre Sanxenxo e Meaño. Víronse implicados catro vehículos e tiveron que ser atendidas oito persoas feridas. O accidente provocou retencións na VG-4.1 ao tratarse dun tramo que é utilizado por numerosos vehículos durante as xornadas de domingo de volta de zonas turísticas como Sanxenxo ou do Grove. Esta vía conta unicamente con dous carrís e, en xornadas de moita afluencia ás praias, sempre xera atascos e, con frecuencia, prodúcense accidentes neste tramo, que se mantén á espera de que a Xunta proxecte o seu desdobramento. Ata o lugar desprazáronse efectivos do servizo de Emerxencias de Sanxenxo, ademais da Garda Civil e de ambulancias do 061.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha