Oito meses sen carné e dous mil euros de multa por circular a 246 Km/h

1 minutes read

A Garda Civil de Tráfico interceptou a dous condutores en menos dunha hora durante un control na autovía A-52, en Allariz, circulando a 237 e 246 quilómetros por hora. O primeiro, conducindo un BMW235. O segundo cun Audi A6 a 246 quilómetros por hora.

Os axentes, que estableceron o control para verificar o estado dos vehículos, velocidade á que circulaban e consumo de alcol e drogas, lembraban que a zona está limitada a 120 quilómetros á hora.

Superado o límite en máis de 80 quilómetros por hora, tomaron declaración a ambos en calidade de investigados, como presuntos autores de delitos contra a seguridade viaria por condución temeraria. As dilixencias foron remitidas ao xulgado de garda de Ourense.

Ambos se enfrontan a unha posible pena de prisión de entre tres e seis meses ou a multa de seis a doce meses, ademais da privación do dereito para conducir vehículos a motor por un tempo de entre un e catro anos.