Oleiros denuncia o incumprimento de R na instalación de fibra subvencionada polo Estado

1 minutes read

Segundo o Concello, a compañía de telecomunicacións R foi subvencionada polo Estado para instalar fibra óptica en diversos núcleos de Oleiros. Ademais de incumprir o prazo dado polo administración para executar este proxecto -finalizaba en 2019-, zonas de Maianca, Serantes e Lorbé que estaban previstas cubrir aínda non contan co servizo. O Concello está a demandar continuamente, tanto ao Goberno central como á Xunta de Galicia, que supervisen o cumprimento das subvencións concedidas ás compañías de telecomunicacións e que as obriguen a instalar o acceso por banda larga a internet en todas as zonas urbanas de Oleiros. Os intereses económicos das empresas privadas e privatizadas, que contan co beneplácito das administracións públicas competentes neste ámbito, está a impedir que os cidadáns dispoñan dun servizo esencial para o ámbito laboral ou para realizar todo tipo de xestións persoais.