Oleiros expedienta de novo a Fenosa por actuar sen licenza no termo municipal

Cedida.

Segundo afirman desde o Concello, a compañía eléctrica arrasou, outra vez, parte dun parque municipal en Liáns sen autorización municipal. Trátase da mesma zona que, en agosto do 2017, Fenosa talou ilegalmente e que lle supuxo unha sanción de 60.000 euros, avalada por dúas sentenzas xudicias (a última do pasado 17 de abril). 

Ante a gravidade destes feitos, o Concello de Oleiros acaba de abrir un novo expediente sancionador contra esta empresa. Nos próximos días notificaráselle unha nova multa de 60.000 euros, a máxima permitida. 

“Que saiban todos os cidadáns que Fenosa non pode entrar en ningunha finca e levar a madeira sen permiso dos seus propietarios. Se algún veciño ou veciña ten dúbidas poden vir asesorarse ao Concello de Oleiros”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha