Oleiros reforzará as axudas para a escolarización de menores con dificultades económicas

1 minutes read

Ademais dos máis de 60.000 euros cos que se sufragan integramente os gastos do comedor escolar dos nenos e nenas con familias en situación de vulnerabilidade, o Concello de Oleiros incrementará a axuda que se viña prestando a estas familias a través das subvencións de apoio á escolarización para cubrir os gastos do inicio do curso académico: libros, material escolar, roupa, soportes informáticos, etc.

Aparte de incrementar os fondos, o que ata o de agora eran as prestacións de apoio á escolarización pasarán a formar parte das axudas de Emerxencia Social. Con este cambio preténdese atender de forma personalizada e individualizada cada situación familiar, conseguindo así complementar as axudas doutras administracións e non duplicalas.