- Organizado pola OMS e Global Citizen, contará con artistas como Lady Gaga, J. Balvin ou The Killers
Este sábado 18 de abril, a partir das oito da tarde hora española, o mundo poderá gozar dun concerto histórico: o One World Together At Home (OWTAH, traducido como Un só mundo: Xuntos desde a casa). Un concerto especial que contará coas actuacións estelares de artistas como Lady Gaga, Billie Eilish, Alicia Keys, Becky G, J. Balvin, Taylor Swift, The Killers ou Chris Martin, entre moitos máis. O obxectivo desta unión é, á parte de gozar da música, render unha homenaxe a todas as persoas que están a traballar e loitando durante e contra esta pandemia.
A duración estimada é de oito horas e en España uno das canles de retransmisión será o programa Playz de RTVE a través das súas redes sociais.
Organizado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e Global Citizen, este evento único e histórico quere lanzar unha mensaxe a favor da unidade de todo o planeta para loitar conxuntamente contra o coronavirus.