Operativo contra o tráfico de drogas no Vao de Abaixo

0 minutes read

Medio cento de axentes da Garda Civil de Pontevedra levaron a cabo un novo operativo contra o tráfico de drogas, unha redada en que se produciron varios rexistros en vivendas entre os berros dos habitantes do poboado, que pedían que non se tomasen imaxes.

Esta redada supuxo un amplo despregamento de patrullas da Garda Civil de Pontevedra e a Unidade de Seguridade Cidadá, que contaron, ademais, co apoio dos cans do Servizo Cinolóxico.

A operación, que se mantén baixo segredo prevé varias detencións e a investigación continúa aberta.