Opinión UCIN | Sen ‘garantía’ de investimentos coas opcións que se presentan a estas Autonómicas

1 minutes read

José Luis Calo, coordinador UCIN Galicia, afirma que en Galicia non teremos “garantía” de investimentos coas opcións que se presentan a estas Eleccións Autonómicas.
“O problema é que levamos anos de parálises e diminución de investimentos. Unha ‘política nefasta’, o que nos leva ao peche continuo de empresas. Vimos como no ano 2023 Galicia quedouse á cola en PIB e emprego. As sombras da economía galega dentro da análise rexional de España, lévanos a un escenario nestes próximos anos a seguir liderando o “vagón de cola” con crecemento negativo. UCIN Galicia, non se presenta a estas eleccións por non chegar a uns acordos adecuados como “unha boa alternativa” transformadora. Desde UCIN somos fieis na procura dun obxectivo común “o cidadán”. Non concibimos que se prime o interese persoal polo común. Seguimos construíndo algo novo que ten complexidade e que necesita tempo para crear algo importante”, conclúe José Luis Calo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?