As obras, que contan co apoio da Deputación, comezarán en 2021 e pretenden converter os 36,5 quilómetros da antiga liña ferroviaria entre Santiago e Cerceda na primeira Vía Verde da provincia e a de maior extensión de Galicia, creando un equipamento para camiñar ou andar en bici «que terá unha importante repercusión turística e socioeconómica para estes concellos», afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que destacou que a idea da Vía Verde «comezou a xestarse hai máis dunha década e esperamos facela por fin realidade neste mandato». A Vía Verde enmárcase na aposta de promover un novo modelo de mobilidade sostible e eficiente na provincia da Coruña contribuíndo á vertebración de distintos núcleos rurais, recuperando a vella rede ferroviaria abandonada para darlle unha nova dimensión, máis ecolóxica e sostible.
29