Palco de Estrelas é un programa de radio adicado á música de festa e das orquestras que dende fai máis de 20 anos produce e dirixe dende a emisora municipal do concello de Valga o Doutor en Historia Contemporanea, profesor e comunicador Daniel Seijas Llerena. A súa vez, numerosas emisoras de Galicia, León, Asturias e o norte de Portugal conectan con esta emisión para ofrecerlles a súa audiencia máis de seis horas de radio en directo, con entrevistas, concursos, música, noticias e o máis quente e destacado do mundo da verbena galega, na madrugada do venres ao sábado.

- Daniel Seijas, nunha instantánea no seu perfil de Facebook.
O programa realizaba este 2025 unha enquisa sobre os gustos musicais e escénicos do público que segue a súa páxina de Facebook, na que 17 formacións pasaron a unha final, despois da selección de votacións entre algunhas das festas máis destacadas de Galicia. Foron un total de 3.292 votos, dos cales Los Satélites acadaron o primeiro posto con 1.116, equivalente a un 33,9% do total e moi por encima das outras formacións. Próximamente virán as votacións en directo do programa de radio Palco de Estrelas, no que só se votarán ás formacións galegas.

- Estas son algunhas das emisoras que emiten o programa Palco de Estrelas.


- Orquestra Los Satélites 2026.