Os Alevíns da AD Fogar acadan 10 medallas no Galego de Natación de Verán


Na pasada fin de semana once nadadores-as da AD Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Alevín de Natación de Verán celebrado na Piscina Olímpica de Lieiro en Cervo. Localidade onde conseguían unha moi boa actuación acadando a 3ª praza masculina, a 14ª feminina e a 5ª conxunta por equipos. As 10 medallas do campionato foron desta volta para Anxo Fuentefría de 13 anos coas pratas nas probas dos 1500 libres e os 200 estilos e braza, a máis o bronce nos 100 braza; Oscar Alberte de 14 anos medallista de prata nos 100 libres; Paulo Rivas da mesma idade bronce nos 200 bolboreta; Noa Ferreiro de 11 anos tamén bronce nos 200 libres e as tres medallas de ouro, prata e bronce nas substitucións masculinas dos 4×100 libres, 4×200 libres e 4×100 estilos respectivamente. Ademáis Oscar Alberte nos 100 libres 14 anos; e os remudistas masculinos dos 4×100 libres e estilos e os 4×200 libres, batían as mellores marcas alevíns do club en piscina longa. Así mesmo compre destacar tamén as actuacións individuais de Ian Parga e Joel Barcia ambos de 14 anos que foron 4º nos 200 libres e 5º nos 100 libres e Alba Lamas tamén 5ª nos 100 costas.