46
Sen clases presenciais, os alumnos cuestionan a posibilidade de facer os exames virtuais, deste xeito, os da Universidade de Santiago de Compostela puxeron a proba o sistema.
O cancelo #AsíNonUSC foi trending topic. Os alumnos querían demostrar que o campus virtual non está preparado para soportar unha sobrecarga de estudantes conectados, e así o constataron co bloqueo e a caída do sistema.
Os estudantado afirma que esa non foi a única caída «xa leva caendo varios días sen que nos conectemos todos en masa. Somos máis de 25.000 estudantes da USC e no período de exames é imposible que o campus soporte ese tránsito», afirman.