Os autobuses urbanos de Santiago non permitirán o cobro en efectivo desde este xoves 19 de marzo

2 minutes read
  • O rexedor de Santiago reuniuse con empresas alimenticias e os seus representantes aclararon que non hai risco de desabastecemento

A Xunta de Goberno Local ordinaria de Santiago de Compostela tomou conta de varias medidas acordadas en relación coa crise do coronavirus, entre elas a eliminación do cobro en efectivo no transporte urbano ou a interrumpución dos prazos dos procedementos administrativos tramitados polo Concello. O rexedor, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, María Milagros Castro Sánchez, tamén mantiveron este luns unha xuntanza cos responsables das cadeas alimenticias para garantir a suministración de productos, especialmente para a poboación en risco.

O Concello tomou conta e acordou a interrupción de todos os prazos e os procedementos en tramitación, desde periodos de exposición ao público ata o prazo de inscrición nas escolas infantís municipais, etc. Así mesmo, tamén quedan suspendidos os prazos de prescrición e caducidade de todos os procedementos administrativos. O cómputo dos prazos reanudarase cando deixe de estar vixente o estado de alama.

O vindeiro mércores terá lugar unha nova reunión da Xunta de Goberno local, en este caso en sesión extraordinaria, na que se abordarán as decisións con relación aos servizos públicos que se están prestando a través de empresas concesionarias (limpeza, alumbrado, parques e xardíns, etc).

En canto ao transporte urbano, tomouse a decisión que non permitir o cobro en efectivo a partir do vindeiro xoves. Os usuarios deberán polo tanto ter a tarxeta ou o abono correspondente, xa que non se poderá comprar o billete dentro do propio autobús. Probablemente a partir do xoves tamén se produza un reaxuste das unidades que prestan servizo.

Reunión con supermercados
O rexedor tamén se referiu á reunión mantida este luns con representantes de distintas superficies comerciais que venden alimentos: Aquié, Carrefour, Día, Eroski, Froiz, Gadis, Hipercor, Mercadona e Praza de Abastos.

Sánchez Bugallo explicou que os asistentes á xuntanza lle comunicaron que hai garantía de subministro para toda a cidadanía e que queda garantido o subministro a aquelas persoas que por razón de idade ou procesos de cuarentena non poden saír da casa. «En ese sentido, habilitouse ou vaise habilitar por practicamente todas as cadeas de supermercados, unha liña telefónica», subliñou.

Tamén o concello vai habilitar unha liña de teléfono pensando, segundo explicou Bugallo naquelas persoas maiores que non teñen Internet. Trátase, reiterou, de «garantir á atención as persoas que o precisen, e garantir o subministro alimentario». Esta liña non sería só para «cuestións de tipo alimenticio, senón para outro tipo de necesidades ou servizos que poidan xurdir, como ir buscar algún medicamento, ou porque precisan algún tipo de atención». En calquera caso, engadiu, «dentro do Centro Coordinación Operativa quedou integrada está mañá a Cruz Vermella», que xestiona unha importante rede de voluntarios e voluntarias.