Os autónomos protagonizan o debate económico dos partidos

1 minutes read

Pedro Sánchez, Pablo Casado, Albert Rivera e Pablo Iglesias. Catro dos candidatos á presidencia do Goberno de España xogáronse en dous debates televisados aos seus fieis ás próximas eleccións xerais. Uns comicios nos que os votos tanto do 42% de indecisos como o dos máis de 3,2 millóns de autónomos terán maior peso que nunca na historia da Democracia. Conscientes diso os líderes de PSOE, Partido Popular, Ciudadanos e Unidas Podemos expuxeron as súas propostas ao colectivo. Durante os 100 minutos do primeiro debate, nos que os tempos da improvisada cancha de Televisión Española foron controlados de forma milimétrica por árbitros da Federación Madrileña de Baloncesto de Madrid, a palabra «autónomo» repetiuse ata en catorce ocasions. Cifra que é un bo agoiro se atendemos ao acontecido nos debates de anteriores comicios cando apenas se se lles mencionaba un par de veces.