Os Bolechas presentan «Nadal sen neve»

1 minutes read

Os Bolechas presentan a nova proposta para gozar das festas en familia e en galego, “porque os Bolechas falan sempre a nosa lingua e grazas a eles tamén as nenas e nenos galegos aprenden e usan o galego no seu tempo de ocio”, explicou o secretario xeral de Política Lingüística, na presentación da nova xira. Valentín García Gómez deulles a benvida ao “pazo da lingua” a medio centenar de nenas e nenos do CEIP Mestre Rodríguez Xixirei que puideron coñecer en primicia os personaxes da nova proposta dos Bolechas que leva por título «Nadal sen neve».

Nadal sen neve

É Nadal e os Bolechas están na casa, porque vai moitísimo frío. Entón escoitan na televisión que un informe da axencia europea do medio ambiente sitúa o noroeste peninsular como unha das zonas que máis se verán afectadas polo quecemento do planeta. Os Bolechas fican arrepiados e van chamar o seu amigo o científico Estroncio Potasio que co seu aparello cuántico acelerado vai provocar algo terrible. De súpeto aparece un Lixontropo, unha das consecuencias do cambio climático. A Lixontropo encántalle a calor polo nadal e tamén comer fume de coche, cueiros, porcalladas e… Lixo, lixo, lixoooo! Poderán facer algo os Bolechas?.