Os Bombeiros de Cee rescatan a unha muller en Berdoias

0 minutes read

A muller estaba soa na súa vivenda en Berdoias e segundo os avisos dos veciños precisaba asistencia sanitaria, non tendo maneira de acceder á mesma. Por fortuna os Bombeiros de Cee chegaron a tempo para entrar na vivenda e ser atendida de urxencia. Os profesionais fan un chamamento a dispoñer dun teléfono móvil sinxelo para persoas de idade avanzada, dado que pode ser de gran axuda como foi neste caso. Ao lugar tamén acudiu a Garda Civil así como unha Ambulancia do 061.