Os bombeiros liberan a unha persoa atrapada tras un accidente de tráfico na Laracha

Dúas persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 11:15 horas deste domingo, cando un particular solicitou axuda para os implicados nun choque entre dous vehículos na AC-400, no quilómetro 13, ao seu paso pola parroquia de Soandres, no concello da Laracha. Durante a chamada, o alertante indicaba que podería haber persoas atrapadas no interior de ambos turismos.

De inmediato, desde a sala de operacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia mobilizouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Bergantiños. Tamén foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e os efectivos de Protección Civil.

Unha vez no lugar, os bombeiros confirmaron que había unha persoa atrapada no interior de cada un dos vehículos implicados. Para liberar a unha delas foi necesario empregar material de excarceración, mentres que a outra conseguiu saír do turismo polos seus propios medios.

Ambas persoas feridas foron posteriormente trasladadas polo persoal sanitario ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña para recibir atención médica.

Related posts

9M Día Internacional da Tortilla de Patacas; A Coruña á cabeza da máis zumarenta

Miles de persoas saíron á rúa este 8M a favor da igualdade real e a paz

Comezan as obras de mellora do pavimento na rúa dos Oleiros e tamén nun sector do campo da feira de Paiosaco