Os bombeiros liberan a unha persoa nun accidente con tres vehículos implicados en Mazaricos

O 112 Galicia rexistrou dito accidente arredor das 12:20 horas deste domingo. Tratábase dunha colisión entre tres coches no quilómetro 70 da AC-400. Podía haber alguén ferido.

Sen agardar, desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Santa Comba, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mazaricos.

A dotación de bombeiros tivo que liberar a un dos ocupantes dun dos coches implicados. Ademais, a única persoa ferida precisou ser trasladada polo persoal sanitario.

Related posts

O BNG de Santa Comba tilda de ‘desastre de xestión’ a acumulación de lixo preto de instalacións municipais

Un home de 55 anos morre atropelado no polígono do Tambre, en Santiago

Mazaricos acollerá esta fin de semana a XXVII Festa do Bolo do Pote