Os cadetes do Xiria voltan a vencer nesta xornada


  • Dúas novas vitorias para os equipos cadetes masculinos do Xiria, tanto o Grupo Lemaco “A” coma o “B”, conseguiron derrotar facilmente aos seus rivais nesta xornada.

O Grupo Lemaco “A ” supera con facilidade ao Balonmán Viveiro

Grupo Lemaco Xiria A 56 Balonmán Viveiro 13 – (25-7)

Demasiadas facilidades deu o Viveiro nesta visita a Carballo, dende o inicio o partido converteuse nun dominio absoluto do Xiria, que ao pouco que presionaba en defensa conseguía a posesión do balón para lanzar as contras e irse no marcador.

Tan só a relaxación por veces e o dobre pivote cando o Viveiro era quen de facerlles chegar o balón a dentro, causaban dificultades a defensa local, que se dedicaba máis a facerse co balón que impedir a progresión do rival cara a portería. O desgaste físico pasou tamén factura aos de Viveiro, o que agrandou enormemente as diferenzas no resultado final.

Un Grupo Lemaco “B” moi superior fronte ao Lucus

Grupo Lemaco Xiria B 42 Balonmán Lucus 21  – (22-7)

O Grupo Lemaco recibía ao Balonmán Lucus, do que deu boa conta ao dobregalo no marcador.

Dende o inicio do encontro os carballeses amosaron intensidade na defensa aberta e sobre todo orde para asfixiar coa presión ao rival, pronto o Xiria transformaba cada roubo de balón en unha contra rápida chegando facilmente a portería contraria. Orde tamén no ataque posicional onde superaba con facilidade a defensa contraria.

Tras a diferenza de goles ao descanso, o Grupo Lemaco seguiu desenrolando un bo xogo e fíxose comodamente cos dous puntos, cun resultado final de 42 a 21.