‘Os Camiños de Carlos Casares’ | Exposición no Pazo da Cultura de Carballo todo decembro

1 minutes read

A Fundación Carlos Casares, no marco do programa de actividades preparadas para a Deputación da Coruña, e coa colaboración Concello de Carballo, ofrece dende o mércores 29 de novembro no Pazo da Cultura a exposición fotográfica “OS CAMIÑOS DE CARLOS CASARES”.
A exposición, destinada a todos os públicos, poderá visitarse ata o día 30 de decembro, de luns a sábado de 17:00 a 21:00 horas (agás festivos).
A inauguración contará coa presenza de representantes da Fundación Carlos Casares, do Concello de Carballo e mais da Deputación da Coruña. Ao remate da mesma, Xurxo Lobato ofrecerá unha visita guiada aos asistentes.
A exposición vén percorrendo 15 vilas, Galicia adiante, durante os últimos dous anos.

A exposición recolle 40 fotografías de gran formato realizadas por Xurxo Lobato, inspiradas en textos de Carlos Casares, sobre o Camiño de Santiago e, en xeral, sobre a experiencia de viaxar.
Xurxo Lobato é membro da Academia Galega de Belas Artes, premio Artes Plásticas Cultura Galega 2020, e premio Ortega y Gasset de El País, 2003.
As citas e os textos informativos poderán seguirse en castelán e inglés, ademais de en galego, mediante un código QR que permitirá ao visitante escoitar, se o desexa, os ditos textos mediante reprodución automática de audio, e descargar tamén o folleto e mais o cartel oficial da exposición no sitio web da mostra.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?