A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, coñeceu os mozos que participan nos campamento de verán que están tendo lugar estes días no albergue xuvenil de Gandarío. Alí lembrou que este mércores finalizan as actividades postas en marcha durante este ano polo Goberno galego e que contaron cunha participación récord.
Durante a súa visita ao albergue xuvenil puido coñecer os participantes nos tres campamentos que se están desenvolvendo nestas instalacións estes días e que están relacionados co mundo tecnolóxico. Trátase dos campamentos: Adestrando o meu robot, A vista de paxaro, Primeiros pasos con drons; e Creando o meu Videoxogo. Ao longo deste verán, o albergue xuvenil de Gandarío acolleu a 800 mozos e mozas outras actividades relacionadas co videoxogo, o mar ou o uso de drons.
O lema da campaña deste ano foi O verán que queres contar e permitiu a posta a disposición de máis de 10.800 prazas repartidas en distintas actividades por toda a Comunidade como campamentos de verán, campos de voluntariado ou minicampamentos ‘Coñece Galicia’ en establecementos turísticos.