O vindeiro venres 17 de outubro ambas entidades colaborarán na limpeza organizada pola ADEGA simultaneamente en varios puntos de Galicia. Está programada para o domingo 19, pero nos centros educativos será o venres.
Ante o gran problema que está a supoñer a contaminación dos nosos mares polo vertido indiscriminado de lixo e plásticos, parécelles de vital importancia inculcar no seu alumnado actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, e coidan que non hai mellor maneira de facelo que atallando o problema dende o máis próximo, o que ven cada día.
Por esta razón ambas entidades reciben a invitación por parte da ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) de colaborar nesta XIV Edición da limpeza de simultánea de praias . As previsións meteorolóxicas son boas, polo que agardan non ter que adiar a data.
Nesta edición volverase a contar coa colaboración e implicación do alumnado de outros centros do Concello. Así asistirán as crianzas de 5º e 6º do CEIP Alfredo Brañas, de Paiosaco e os de 6º curso do CEIP Ramón Otero Pedrayo, da Laracha. Este ano anímanse a colaboaran con nós tamén as Escolas de Educación Infantil de Arteixo: a EEI de Rorís e a EEI de Larín.
O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente. Recomendamos a todo o alumnado que vaia con luvas (a pesar de que o Concello aportará algúns de latex para quen non teña). Deste xeito xerarasemenos lixo e poderedes reutilizalos na casa para outras actividades. Asemade cómpre levar calzado e roupa adecuada a situación climatolóxica.
Podedes colaborar con eles acudindo á praza ás 10:15 horas, dende onde comezarán a distribución do voluntariado.