As iniciativas gañadoras responden a temas de interese do alumnado e que desenvolven contidos curriculares en diversos ámbitos do coñecemento como as matemáticas, o patrimonio, a xeografía, a natureza, a arte ou a ciencia, entre outros. O obxectivo do certame é favorecer que os estudantes reforcen as competencias clave a través de proxectos de carácter interdisciplinario e fomentar o traballo en equipo.
A convocatoria contemplaba catro modalidades de participación. Na primeira delas, de proxectos que combinan diversas materias coordinados desde a biblioteca escolar e que conten coa participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula do centro, prémianse 10 centros, que reciben cada un 2.000€ para gastos relacionados co traballo presentado.
Na cuarta modalidade, de proxectos de investigación entre diferentes centros para desenvolver un proxecto común, o galardón ascendía a 3.000€. Nesta categoría foron premiados o CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo e o CEIP Canosa-Rus de Coristanco.
CEIP Canosa – Rus (Coristanco) e CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo): Non sempre se pace onde se nace
O fío condutor foi a historia de Maruxa e Coralia, dúas mulleres inmigrantes que chegaron de América a Galicia en busca de novas oportunidades. A través desta narrativa naceron A casa da aldea e A casa da vila e, mediante o intercambio de cartas, dramatizacións e outras actividades compartidas, púxose en valor a realidade de dous centros situados en contornas distintas e a diversidade cultural que achegan os nenos emigrantes ás poboacións galegas, favorecendo a convivencia e o respecto na escola. O proxecto foi desenvolvido polo alumnado de cuarto e quinto de Educación Primaria.
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, destacou este venres o papel das bibliotecas escolares á hora de impulsar investigacións nos centros de ensino. Na entrega dos premios XI Concurso de Traballos por Proxectos fomentados deste estes espazos, o representante da Xunta de Galicia, que estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, puxo en valor o nivel dos mesmos e o labor para estimular a curiosidade do alumnado en todos os ámbitos do coñecemento.