Os ciclomotores poderán pasar a ITV en Muxía o próximo xoves, 25 de febreiro

0 minutes read
  • Nun principio situarase na Praza da Camposa, en horario de 09:00 a 13:30 horas

A Unidade Móbil da ITV de ciclomotores acudirá ao Concello de Muxía o vindeiro xoves, 25 de febreiro, de 09:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poderán solicitar cita previa no 902 30 90 00.

Nun principio a ITV situarase na Praza da Camposa pero, se as condicións meteorolóxicas o permiten, instalaríase no Coído do Voluntariado.